Buscando...
Anuncia tu casa | Propietarios |
   

Consultas y reservas

986 644 681







Eventos

04/01/2014 - 04/01/2014

Presentación del Concerto de Aninovo que se celebrará el próximo sábado 4 de Enero.

O próximo sábado, día 4 de xaneiro ás 20:00 h. concerto de Aninovo no Centro Cultural de Guilllade a cargo de Rubén Simeó (concertista internacional de trompeta) e Alejo Amoedo (pianista acompañante). A organización deste concerto corre a cargo da Asociación de Veciños San Gregorio de Guillade e contan coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas.

RUBÉN SIMEÓ

Nace en Vigo, en 1992, e inicia os seus estudos musicais no conservatorio desta cidade co seu pai, J. Vicente Simeó, demostrando dende moi novo unhas facultades excepcionales para tocar a trompeta. Iníciase realizando varios concertos en auditorios e programas de televisión, acadando un gran éxito de público e crítica musical, que eloxian a súa técnica a tan corta edad.

Con 12 anos actúa como solista coa Orquestra Sinfónica de RTVE nos auditorios de Madrid e Zaragoza, dirixido por Adrián Leapeer e transmitido para todo o mundo por televisión española. En 2005, actúa invitado por Maurice Andre, na Semana Internacional da Trompeta, celebrada en Burdeos (Francia). En 2008 recibiu en Stuttgar (Alemania) o Premio Europeo da Cultura, como recoñecemento a súa brillante traxectoria. Actualmente é concertista de trompeta, así como solista del Holencours Soloist Chamber Orchestra e segue estudiando baixo a tutela de Vicente Campos no Conservatorio Superior de Castellón.

ALEJO AMOEDO

Nace en Redondela, e realizas os seus estudiso nos conservatorios de Pontevedra e Vigo, onde remata as carreiras de piano e música de cámara. No ano 2013, realizou un Máster en Artes Escénicas na Universidade de Vigo, baixo a dirección de D. Javier Jurado, rematando o traballo fin de master cun estudio sobre a obra para piano de Reveriano Soutullo.

Foi profesor titular do Conservatorio de Música de Porriño e exerceu de pianista acompañante nos conservatorios de Pontevedra e Vigo. Na actualidade exerce como pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Volver